InicioLugo e contornaLugoOs dous concelleiros de Ciudadanos en Lugo seguen confinados "sen síntomas", tras...

Os dous concelleiros de Ciudadanos en Lugo seguen confinados “sen síntomas”, tras dar positivo

Avanzaron que votarán en contra a uns orzamentos que non dan apoio aos vecinos da cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os dous concelleiros con que conta Ciudadanos (Cs) no Concello de Lugo, a portavoz, Olga Louzao, e Juan Vidal Pardo, permanecen confinados nos seus domicilios “sen síntomas”, tras dar positivo por covid-19 esta fin de semana.

A portavoz da formación laranxa confesou que se atopa “ben”, encerrada na súa casa xunto ao seu fillo de pouca idade que tamén deu positivo e o seu marido, que igualmente se contaxiou, aínda que pasa o confinamento en casa dos seus pais. De todos os xeitos, advertiu que nota “un cansazo un pouco maior do normal”. “Se non fóra por ese cansazo, todo normal”, describiu a concelleira lucense.

Ademais, o seu compañeiro, Juan Vidal Pardo, sinalou que se atopa na mesma situación que ela e que ambos están “a traballar de forma telemática” porque esta semana ten previstos dous plenos, o de orzamentos e o do estado da cidade.

En canto ao pleno de orzamentos, avanzou que votarán en contra, do mesmo xeito que o dez concelleiros do Partido Popular (PP). Finalmente, sairán adiante estas contas que superan os 106 millóns de euros, cos votos do goberno que integran socialistas, con oito concelleiros, e o BNG, con cinco.

“Despois de analizar as contas mal e a rastro, porque non tivemos acceso ás mesmas ata despois de que o coñecesen os medios de comunicación na presentación que fixo (a alcaldesa) Lara Méndez, non puidemos presentar emendas e tampouco se nos deu resposta ás dúbidas polo que decidimos votar en contra”, confirmou.

Louzao lamentou que sexan unhas “contas que non responden á realidade actual que vivimos, só se invisten 350 mil euros máis en relación a este ano e estamos nunha situación económica complicada e estas partidas tiñan que ser o apoio aos veciños e non é así”.

Estes positivos, xunto á da concelleira de Cultura, a nacionalista Maite Ferreiro, obrigaron ao Concello de Lugo a retomar as sesións plenarias, de orzamentos e o estado da cidade, de forma telemática ao longo desta semana.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo rexeita unha moción do PP para impedir o pagamento da defensa xurídica de Tomé

O pleno da Deputación de Lugo viviu este martes un intenso debate a raíz...

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...