InicioLugo e contornaLugoUnha condutora que se saíu da vía co seu turismo e quedou...

Unha condutora que se saíu da vía co seu turismo e quedou envorcado no río alega que se durmiu

O vehículo impactou contra o valo do paseo e envorcou.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A condutora dun vehículo alegou que quedou durmida momentos antes de saírse da vía e quedar envorcar o seu turismo sobre o río na madrugada deste mércores en Lugo. Segundo relatou a Policía Local, sobre as 2,00 horas deste 24 de novembro un equipo de Ateigados desprazouse ao Paseo do Intre porque se produciu un accidente de tráfico.

Á súa chegada observaron os axentes que un vehículo se saíu da a vía e impactou contra o valo de protección do paseo e envorcou, “quedando apoiado no leito do río sobre o seu teito, coas catro rodas cara arriba”, destacaron as mesmas fontes.

A condutora, que non sufriu feridas, puntualizou a Policía Local, manifestou que circulaba en sentido á estrada da Fonsagrada, “quedou durmida e ao espertar xa se atopaba no río”.

Esta condutora foi sometida ás probas de detección alcohólica e presenza de drogas, nas que obtivo resultado negativo, destacou a Policía Local.

O vehículo foi retirado por un guindastre especial con pluma e, ademais, do río foi recuperado polos axentes o bolso da condutora coa súa documentación e teléfono móbil, así como unha peza de abrigo, efectos que foron entregados á súa propietaria.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...