O Goberno de Lugo busca potenciar o atractivo turístico do barrio da Ponte, que conta “cunha longa historia e cun gran potencial ao atoparse na contorna do Río, ademais de contar cun gran peso patrimonial, coa Ponte Romana”, sinalou o tenente de alcalde Rubén Arroxo. Así, o Concello vén de instalar seis paneis na zona que recompilan lendas tradicionais sobre a vida do barrio e sobre a cultura tradicional do mesmo.
Arroxo, ademais, explicou que realizaron esta acción “recollendo as solicitudes da veciñanza da zona reclamando este tipo de instalacións para mellorar a imaxe do barrio”. A Tenencia de Alcaldía contou coa colaboración do escritor Antonio Reigosa e da ilustradora local Noemí López para a realización desta acción.
Arroxo destacou “a gran calidade das ilustracións de Noemí López e o destacable traballo de Antonio Reigosa no eido da investigación da mitoloxía popular e da tradición oral”. Por iso, o Concello ánima á veciñanza a pasear polo barrio da Ponte e “coñecer as lendas relacionadas co Río”