InicioLugo e contornaLugoInterceptado un condutor que case cuadriplicou a taxa máxima de alcoholemia permitida...

Interceptado un condutor que case cuadriplicou a taxa máxima de alcoholemia permitida tras causar un accidente

Outro home quintuplicouna, tras ser localizado cando circulaba sen luces de madrugada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou a un condutor que case cuadriplicou a taxa máxima de alcoholemia permitida despois de causar un accidente na madrugada deste pasado domingo. Tamén foi denunciado outro que a quintuplicou tras ser localizado cando circulaba sen luces de madrugada.

Segundo informou a Policía Local, sobre as 1,15 horas do 14 de novembro o equipo de Ateigados acudiu á Rolda do Carmen por un accidente no que un turismo que circulaba polo carril esquerdo alcanzou a outro, o cal, debido á forza do impacto, chocou contra outro.

Practicadas as probas de alcoholemia aos condutores, o responsable do accidente obtivo positivo de 0,94 mg/l, o que supón case catro veces máis a taxa máxima permitida. Por iso instruíronse dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido.

Doutra banda, sobre as 5,34 horas do mesmo día unha patrulla detectou pola Avenida de Ramón Ferreiro un turismo que circulaba sen iluminación. Ao darlle o alto, os axentes observaron que o condutor presentaba “unha forte embriaguez”, polo que foi sometido ás probas de alcoholemia, nas que obtivo positivo de 1,24 mg/l, polo que quintuplicou a taxa máxima permitida. Por iso, instruíronse dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido.

Tamén sobre as 23,50 horas do pasado 14 de novembro unha patrulla local detectou a un vehículo que circulaba pola Avenida da Coriña sen respectar a luz vermella dun semáforo na confluencia con Xeito Grandío.

Os axentes déronlle o alto e observaron que o condutor presentaba “signos de embriaguez”, destaca a Policía Local, polo que foi sometido ás probas de alcoholemia, nas que obtivo resultado positivo de 0,69 mg/l, polo que case triplicou a máxima permitida. Instruíronse, por iso, dilixencias na modalidade de xuízo rápido.

E sobre as 00,05 horas do pasado 14 de novembro un equipo de Ateigados desprazouse á Avenida da Coruña porque un turismo, ao realizar a manobra de marcha atrás, chocou contra outros vehículos.

Os policías observaron que o condutor presentaba signos de embriaguez, polo que foi sometido ás probas de alcoholemia, nas que obtivo positivo de 0,60 mg/l. Por iso, abriuse expediente sancionador con multa de mil euros e a retirada de seis puntos do permiso de conducir.

A Policía Local de Lugo destaca que en todos estes casos procedeuse á retirada e inmovilización dos vehículos destes condutores con positivo.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...