InicioSucesosA Policía Local de Lugo localiza a tres menores extraviados por unha...

A Policía Local de Lugo localiza a tres menores extraviados por unha parella no recinto feiral

Foron atopados na Praza Maior.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo localizou a tres menores extraviados por unha parella no recinto feiral da cidade, na que se celebran as festas de San Froilán.

Segundo relatou a Policía Local, sobre as 16,20 horas do pasado luns 11 de outubro unha patrulla de servizo no recinto feiral foi requirida por un matrimonio que alertou do extravío dos seus dous fillos de seis e oito anos e dunha sobriña de nove.

Os axentes informaron por radioteléfono da descrición dos menores ao resto de patrullas en servizo, unha das cales localizou os menores na Praza Maior, tras o que foron entregados á súa nai.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...