InicioLugo e contornaLugoComezan as obras da Avenida Infanta Elena, que estarán listas "antes do...

Comezan as obras da Avenida Infanta Elena, que estarán listas “antes do inicio do próximo verán”

A Deputación inviste algo máis dun millón de euros na súa execución.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, supervisaron este martes o inicio das obras de desdobramento e humanización da Avenida Infanta Elena en Lugo.

José Tomé expresou que as obras teñen un prazo de execución de “un ano”, pero espera que estean acabadas “antes do inicio do próximo verán”. A entidade provincial financia e executa os traballos cun orzamento que supera o millón de euros. Pola súa banda, o Concello impulsou o proxecto e achegou os terreos necesarios; tarefa “ardua e complexa” nun proceso de interlocución con “65 propietarios”, comentou a alcaldesa.

O traxecto en reforma vai desde a ligazón desta vía coa Ronda Norte á glorieta 25-N. O proxecto recolle a ampliación da estrada con entre dúas e tres carrís de circulación, unha glorieta á altura de Paulo Fabio Máximo, carrís bici, beirarrúas, iluminación LED, mobiliario urbano e árbores no percorrido.

“Vaise a mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade dos condutores, viandantes e ciclistas”, comentou o presidente que cre que as obras “favorecerán a mobilidade sustentable”. Segundo indica a Deputación, a vía ten un tráfico diario “superior aos 8.400 vehículos” e tamén é “moi utilizada por peóns”. Supón o principal acceso á zona norte da cidade ao comunicar o centro cos polígonos do Ceao e As Gándaras e as saídas pola A-6 e a N-V.

Ambas as entidades destacaron este “exemplo de colaboración” entre institucións que “beneficia á cidade e á provincia”.

Lara Méndez sinalou que, “en breve”, farase algún anuncio acerca dunha segunda fase da mellora da vía. A alcaldesa tamén pediu a implicación da Xunta. “Necesitamos tamén a Rolda Leste”, demandou ao indicar que “evitaría ter que facer viaxes inútiles polo centro”.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...