InicioLugo e contornaLugoRueda "respecta" a decisión de Lugo Monumental pero defende o certificado COVID...

Rueda “respecta” a decisión de Lugo Monumental pero defende o certificado COVID “para saúde e economía”

O vicepresidente destaca que nos festivais de música galegos "non se ten coñecemento de brotes" pero que, de ser así, "actuaríase"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, sinalou este xoves que “respecta” a impugnación presentada por Lugo Monumental ao certificado COVID para hostalaría –e outras medidas–, pero defendeu a súa utilidade para economía e saúde, posto que “permiten traballar e preservar a saúde”.

Así se expresou o vicepresidente no acto de firma dos convenios coa Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental para mellorar a imaxe do local social e pór en marcha o proxecto de promoción comercial Xacobeo Galicia-Compostela Monumental.

“Respecto totalmente a súa decisión de recorrer a resolución, pero hai que ter en conta que esta medida se tomou para preservar a saúde e a economía. Ademais, hai que ser serios, posto que esta medida pactouse antes coas asociacións de hostalaría, que estiveron de acordo en pedir o certificado”, explicou Rueda, que recoñeceu que “mellor sería non pedilo”.

Antes que pechar, os hostaleiros estiveron de acordo en pedir o certificado COVID. Oxalá non houbese que pedilo, e igual dentro de dúas semanas non é necesario, pero de momento éo”, apuntou Rueda, que matizou que é “unha asociación concreta dunha provincia concreta”.

Respecto ao seguimento das peticións por parte dos hostaleiros, o vicepresidente indicou que “onde non se estea facendo, é responsabilidade do hostaleiro”. “Se hai algún brote, haberá que mirar por que non se pediu o certificado, pero en xeral, está a esixirse. Aos hostaleiros interésalles, e á xente tamén”, remarcou Rueda, que lembrou, ademais, que hai “medios” para obtelo –o test de antíxenos de farmacias–.

IMPUGNACIÓN LUGO MONUMENTAL

Este martes a asociación de hostaleiros Lugo Monumental impugnou ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, algunhas das medidas acordadas pola Xunta de Galicia nas últimas semanas respecto ao sector da hostalaría, entre as que se atopa a petición do certificado COVID.

Tal e como explicou a asociación nun comunicado, a demanda ante o TSXG reuniu a varias ducias de hostaleiros, “que ven que se lles prexudica gravemente sen que as medidas impugnadas teñan o menor sentido para loitar contra a pandemia”, un fin no que, segundo recalcaron, “todos os hostaleiros están de acordo, como non pode ser doutra forma”.

FOCOS EN FESTIVAIS

Por outra banda, preguntado polos contagios de covid-19 en festivais de música, Rueda matizou que “ocorreu en Cataluña” e que en Galicia “non hai coñecemento” de gromos. “Aquí estanse celebrando con todas as medidas de seguridade. De momento non temos coñecemento de cifras de contaxios, así que é complicado, e sobre todo inxusto, xeneralizar”, apuntou Rueda.

Con todo, o vicepresidente remarcou a necesidade de seguir “tomando precaucións” e continuar sendo “estritos” e puntualizou que, “de probarse unha relación causa-efecto, si se actuaría”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...

A Deputación recibe aos promotores do Foro Galicia-Asia

  Os Deputados de Promoción Económica e Social e Muller e Igualdade, Pablo Rivera Capón...