InicioLugo e contornaLugoA Policía Local de Lugo rescata a un bebé pechado nun vehículo...

A Policía Local de Lugo rescata a un bebé pechado nun vehículo coas chaves dentro

Os bombeiros tiveron que romper as fiestras do vehículo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo rescataron “en bo estado” a un bebé de catro meses que quedou encerrado nun vehículo coas chaves dentro durante varios minutos. Segundo relatou a Policía Local, ás 15,35 horas do pasado día 2 de agosto recibiuse aviso dun neno que se quedou encerrado no interior dun vehículo no aparcadoiro dun establecemento da Avenida Infanta Elena de Lugo.

Ao lugar trasladouse de inmediato unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio, que contactou coa nai do menos, un bebé de catro meses, o cal estaba no asento traseiro, “aparentemente en bo estado”.

Ademais, ao lugar acudiu unha dotación de bombeiros que, despois de valorar as circunstancias, procedeu a romper o cristal dunha dos portelos dianteiros do automóbil, que quedara pechado coas chaves dentro. Deste xeito, puideron sacar ao bebé do interior “sen ningún tipo de lesión”, destacaron as mesmas fontes. A nai do neno, puntualizou a Policía, renunciou a asistencia médica, xa que soamente permaneceu no interior uns minutos.

OUTROS AUXILIOS

Por outra banda, ás 20,45 horas do día 3 unha patrulla acudiu a unha farmacia da Avenida da Coruña por unha muller de 70 anos que se atopaba desorientada. Manifestou que saíra do seu domicilio para ir a unha botica próxima e non sabía regresar porque levaba pouco tempo en Lugo, indicou a Policía Local.

A muller non era capaz de facilitar o seu nome completo, nin datos de familiares, nin o seu domicilio, polo que os axentes realizaron investigacións coa Policía Nacional, Garda Civil e Sergas, que resultaron “infrutuosas”.

Finalmente, cos “poucos datos característicos da contorna do seu domicilio”, destacan as mesmas fontes policiais, os axentes foron capaces de localizalo, onde lle esperaba unha familiar, que se fixo cargo da septuaxenaria.

ÚLTIMAS

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...

A Policía de Lugo detecta cinco condutores ebrios e auxilia a un bebé pechado nunha vivenda

Os filtros de seguridade vial realizados pola Policía Local de Lugo permitiron detectar nos...