InicioLugo e contornaLugoUn inventor lucense presenta un sistema para "limpar o aire de covid...

Un inventor lucense presenta un sistema para “limpar o aire de covid e facelo respirable”

José Luís Castrillón considera que con este invento se podería lograr rebaixar a "carga vírica" en "grandes aglomeracións".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O inventor lucense José Luís Castrillón presentou, nun acto na sede de empresas do Concello de Lugo, un sistema de filtración e hixienización do aire contra a covid.

De momento trátase dun “prototipo”, xa para setembro confía en ter este sistema plenamente operativo para poder presentalo na Deputación de Lugo.

Castrillón precisou que se trata de “unha maquina deseñada para atacar ao coronavirus e bacterias”, cuxo “labor é limpar o aire de covid e facelo respirable“.

O creador deste sistema de lavado, filtración e hixienización efectivo contra bacterias e xermes considera que o invento permitirá minimizar os problemas de contaxios, sobre todo en espazos pechados pero tamén ante grandes aglomeracións.

Así, grazas a un proceso de “ionización” é capaz de destruír unha ampla diversidade de virus e de bacterias. O sistema bautizouse como AKC-7. Castrillón precisa que “a Organización Mundial da Saúde dá unhas explicacións sobre que a covid só se pode matar por vía aérea a través da enerxía”.

“A maquina funciona con enerxía, a potencia é de 500.000 milivatios por centímetro cadrado, e isto é extrapolable a centímetros cúbicos de aire”, pormenorizou.

Castrillón leva máis dun ano, desde o principio da pandemia, para deseñar este sistema purificador do aire, deitándose “as tres ou ao catro da mañá”.

O inventor lucense destaca que conta cunha experiencia de “50 anos” na “profesión”, para concluír que con esta “maquina” poderíase lograr rebaixar a “carga vírica” en “grandes aglomeracións”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...