InicioLugo e contornaLugoDetido un menor por roubar mediante un tirón o bolso a unha...

Detido un menor por roubar mediante un tirón o bolso a unha muller nunha rúa de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron a un menor veciño de Lugo por roubar mediante un tirón o bolso a unha muller que camiñaba por unha rúa da capital luguesa.

Segundo informou a Policía Nacional, o Grupo dedicado á investigación de delitos contra o patrimonio da Brigada Provincial de Policía Xudicial da Comisaría Provincial de Lugo detivo a un mozo veciño da cidade que non contaba con antecedentes previos por un delito de roubo con violencia/intimidación.

A investigación iniciouse tras a presentación dunha denuncia por parte dunha muller, quen manifestou sufrir un tirón do bolso que portaba no seu ombreiro cando camiñaba en dirección ao seu traballo, pola Rolda da Muralla.

Segundo relatou a vítima aos axentes, foi abordada súbitamente por detrás por un mozo que lle agarrou o bolso, o cal lle arrebatou, e fixo que a muller caese ao chan, para acto seguido abandonar o lugar á carreira.

A vítima, con motivo da caída, tivo que ser asistida polo 061 no lugar e derivada ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo para ser asistida das lesións que presentaba. O bolso foi recuperado posteriormente, do que botou en falta do seu interior un teléfono móbil e diñeiro.

Os investigadores, tras realizar diversas xestións, entrevistarse coa vítima e as testemuñas, así como visionar varias gravacións videográficas, logrou identificar e deter ao autor dos feitos, que foi trasladado a dependencias policiais. Ademais, foi recuperado o teléfono móbil da vítima.

O mozo detido, tras pasar a disposición da autoridade correspondente, foi ingresado nun centro de menores, confirmaron fontes policiais.

ÚLTIMAS

O Concello de Rábade prepara un “reacollo estable” para os 13 membros da familia cuxa casa resultou calcinada

O Concello de Rábade ultima os trámites para poder ofrecer unha "reacollo estable" aos 13 membros,...

Arden dous edificios no centro de Rábade

Un incendio calcinou dous edificios de dúas plantas no centro do municipio de Rábade...

Identificados dous menores en Lugo por tirar pedras a coches aparcados

A Policía Local de Lugo identificou o pasado 25 de abril a dous menores que...

Denunciado en Lugo un condutor baixo os efectos do alcol, que se saíu da vía e chocou contra un sinal

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a un condutor que deu positivo no...