InicioLugo e contornaLugoOs Bonos Impulso poderanse gastar ata o 30 de setembro

Os Bonos Impulso poderanse gastar ata o 30 de setembro

Pablo Rivera lembra que os veciños aínda poden solicitar 6.000 bonos ata o 31 de xullo, prazo tamén ampliado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo ampliou o prazo para poder gastar os Bonos Impulso ata o 30 de setembro, así como o período de solicitude destes, que agora se poderán pedir ata o 31 de xullo. Esta ampliación ten como obxectivo facilitar o acceso aos veciños e veciñas aos descontos para a reactivación económica dos establecementos comerciais da provincia.

Os bonos consisten en descontos nominativos de 30€ para compras dun mínimo de 60€, e que poden adquirir todas as persoas maiores de 18 anos empadroadas na provincia. Os beneficiarios reciben na súa casa o seu Bono Impulso que poderán utilizar nos establecementos adheridos ao programa.

Dende que se iniciou a iniciativa no mes de xuño, “recibíronse preto de 11.000 solicitudes dos bonos, polo que a veciñanza aínda pode optar a outros 6.000“, recordou o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera. A Deputación de Lugo puxo a disposición da cidadanía un total de 17.000 bonos, polo que Rivera lembra que aínda se pode solicitar a través da paxina web da Deputación e que se entregarán por orde de inscrición.

Os bonos pódense usar en establecementos de actividades comerciais, hostaleiras ou de servizos dos 67 concellos lucenses, agás na compra de bebidas alcohólicas, tabaco e lotarías.

A Deputación fixo un reparto equitativo dos bonos por concello seguindo criterios como a poboación, número de persoas en situación de desemprego e número de empresas dadas de alta no Imposto de Actividades Económicas (IAE), establecendo un mínimo de 20 bonos para os concellos máis pequenos e un máximo de 5.000 para os máis grandes. A Deputación de Lugo destinou 510.000 euros para os Bonos impulso, cos que pretende mobilizar 1,5 millóns de euros.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...