InicioLugo e contornaLugoDetido un mozo de 17 anos tras agredir a axentes que...

Detido un mozo de 17 anos tras agredir a axentes que o ían a identificar por ouriñar na rúa en Lugo

"Tiña unha actitude agresiva e lanzoulle patadas aos axentes", apuntan desde a Policía Local.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un mozo de 17 anos por desobediencia e resistencia grave a axentes da autoridade tras tentar agredir aos efectivos que o ían a identificar por ouriñar na rúa.

Segundo informou a Policía Local, sobre as 00,20 horas do 11 de xullo unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno observou a un mozo que ouriñaba na rúa na zona de Bispo Aguirre. Co fin de proceder a realizar acta por infracción á lei de Residuos de Galicia os axentes solicitáronlle ao mozo a súa identificación, ao que se negou.

Por iso, os policías informáronlle de que no caso de persistir na súa negativa sería trasladado a dependencias policiais para a súa completa identificación, ao que se negou de novo e mostrou, destacan as mesmas fontes municipais, “unha actitude agresiva, lanzando patadas aos axentes”, polo que se procedeu ao seu inmovilización, ao que opuxo “grave resistencia”, engaden.

Debido a iso o mozo foi detido e trasladado a dependencias policiais, onde se instruíron dilixencias por delitos de desobediencia e resistencia grave a axentes da autoridade.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

    A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de...

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

Lugo celebrará o nomeamento de Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo

O Concello de Lugo celebrará o este venres 13 de novembro o acto institucional...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...