InicioAncaresBarallaMercan dous coches de grande cilindrada tras roubar nunha casa en Baralla

Mercan dous coches de grande cilindrada tras roubar nunha casa en Baralla

A Garda Civil interveu os dous vehículos e o diñeiro en efectivo que aínda estaba en poder dun dos detidos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil deitvo no marco da ‘Operación Malali’ a tres mozos, dous deles veciños de Lugo e un terceiro da localidade lucense do Corgo, como supostos autores dun delito de roubo con forza nas cousas perpetrado o pasado mes de abril nunha vivenda situada no municipio de Baralla, de onde os presuntos ladróns levaron uns 38.000 euros.

Segundo a investigación desenvolvida pola Garda Civil, os supostos ladróns aproveitaron a ausencia dos propietarios da vivenda, para acceder á mesma a plena luz do día. Para iso, escalaron até unha terraza, situada a un tres metros de altura.

Unha vez dentro, fixéronse coa citada cantidade de diñeiro,que se gastaron en días posteriores na compra de dous coches de gran cilindrada e en xornadas de lecer en diversos hoteis, entre outros gastos. A Garda Civil interveu os dous vehículos e o diñeiro en efectivo que aínda estaba en poder dun dos detidos.

Os vehículos foran postos a nome de terceiras persoas coa suposta intención de eludir responsabilidades xudiciais en caso de ser descubertos. A investigación segue aberta para recuperar a maior parte do diñeiro subtraído.

ÚLTIMAS

Unha colisión frontal en Láncara deixa varias persoas feridas

Unha colisión frontal entre dous vehículos deixou varias persoas feridas leves en Láncara durante...

O PP de Lugo rexeita as acusacións do PSOE contra Elena Candia

O PP de Lugo respondeu con "absoluta rotundidade" ás "graves acusacións" do PSOE lucense...

O PSOE de Lugo esixe a dimisión de Elena Candia tras o arquivo da “Operación Polbo”

O PSOE de Lugo reclamou este sábado “responsabilidades políticas” á vicepresidenta do Parlamento e...

Saída de vía en Pantón deixa catro persoas feridas

Un total de catro persoas resultaron feridas tras saírse da vía co seu vehículo...