InicioSucesosA Policía Nacional de Lugo colabora na intervención de 32k de cocaína...

A Policía Nacional de Lugo colabora na intervención de 32k de cocaína en rodas dun camión en Almería

Un dos detidos é un transportista galego.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional de Lugo colaborou na operación que se saldou coa intervención de 32 quilos de cocaína ocultos en rodas de reposto dun camión en Almería e con catro detidos.

Segundo informou a Policía Nacional, no marco da ‘Operación Espléndido’ detiveron a catro persoas en Almería e lograron desmantelar unha canle de subministración de cocaína que tiña a súa orixe nas Illas Canarias e o destino final en Europa. Foron intervidos 32 quilos de cocaína ocultos nas rodas de reposto dunha cabeza tractora dun camión.

A operación policial desenvolvida coa colaboración da Policía Nacional en Lugo e Almería tivo a súa orixe a principios deste ano. Os investigadores centráronse nunha persoa de orixe galega “que se servía da súa condición de profesional do transporte por estrada para enmascarar as súas verdadeiras intencións delituosas”, destacan as mesmas fontes.

Este, en conivencia cos outros dous arrestados residentes en Almerimar-El Ejido-, “constituíran unha serie de sociedades mercantís para poder importar e exportar maquinaria pesada desde a Península ás Illas Canarias e viceversa”, destaca a Policía.

Esas mercantís carecían, subliña a Policía Nacional, “de máis entidade comercial que a propiamente delituosa”. Así, a investigación puxo de manifesto que os integrantes da organización “estaban a fraguar os preparativos para acometer unha operación de narcotráfico”.

MÁQUINA

As pescudas policiais detectaron un transporte dunha máquina de obras desde Almería a Fuerteventura, a través do porto de Huelva. Unha vez na illa, a organización meteu no interior do rulo compactador 32 quilos de cocaína, o cal subiron a un remolque para que iniciase a viaxe ata Almería novamente, onde foi depositado nunha nave industrial.

“Os investigadores da Policía Nacional en Almería observaron entón algo anómalo: o camión circulaba sen carga e sen as rodas de reposto”, indica a Policía. Ás poucas horas, os axentes viron como o camión volvía á nave e recollía as súas dúas rodas de reposto.

PAQUETES

Con estes datos, o pasado día 29 de abril a Policía Nacional en Almería decidiu dar o alto ao camión e, nun rexistro do mesmo, foron achados 29 paquetes de cocaína cun peso de 32 quilos, ocultos no interior das rodas de reposto. Unha vez analizados, os mesmos revelaron unha pureza do 80 por cento.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...