InicioLugo e contornaLugoInvestigan a 15 sospeitosos tras a incautación de 130 kilos de haxix

Investigan a 15 sospeitosos tras a incautación de 130 kilos de haxix

Ordena que a causa siga contra eles por se os feitos fosen constitutivos dun delito contra a saúde pública e outro de integración en grupo criminal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número 1 de Lugo concluíu con 15 investogados a investigación dunha operación, iniciada en 2017, contra o tráfico de haxix durante a que se incautaron máis de 130 quilos desta sustancia.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o xuíz considerou que se practicaron as dilixencias necesarias “para determinar a natureza e circunstancias dos feitos” e ordenou que a causa se siga, polos trámites do procedemento abreviado, contra 15 investigados por se os feitos que lles imputan fosen constitutivos dun delito contra a saúde pública e outro de integración en grupo criminal. Ademais, acordou o sobresemento provisional e arquivo da causa respecto de oito persoas.

O maxistrado indica no auto, contra o que cabe presentar recurso, que existen indicios da implicación dos sospeitosos na organización que supostamente se dedicaba ao tráfico de estupefacientes.

Eses indicios, segundo explica na resolución, derivan das probas testificais e periciais practicadas, así como das intervencións telefónicas e entradas e rexistro autorizadas polo xulgado, seguimentos, vixilancias policiais, balizas de vehículos e interceptacións de droga.

Na resolución, o xuíz indica que o investigado que supostamente dirixía o grupo criminal asentado en Lugo estaba “integrado nunha organización criminal de maior alcance”. Os presuntos membros do grupo galego, segundo recolle o auto, repartíronse “roles e funcións para a adquisición, transporte, aprovisionamento e distribución de haxix”.

Entre o suposto líder e o seu “subalterno e socio”, supostamente organizaron a compra de sustancias estupefaciente “planificando as viaxes e captando persoal para transporte e distribuidores na provincia de Lugo”.

LANDRAS OCULTAS

O xuíz instrutor sinala no auto que un dos presuntos compoñentes da organización foi interceptado en maio de 2017 na autovía A-6, á altura do Corgo, cando transportaba ocultas na defensa traseira dun vehículo 23 bolsas con landras de haxix, as cales pesaban 22 quilos.

No marco da operación, en xuño dese mesmo ano foron descubertos nunha estrada de Cáceres dous dos investigados cando portaban 79 quilos de resina de cannabis ocultos nos laterais e nun dobre fondo dunha furgoneta. Ademais, os axentes que investigaron os feitos comisaron droga nos rexistros practicados nos domicilios dalgúns dos sospeitosos. Nunha das vivendas situada en Lugo incautáronse de 17 quilos de haxix e, noutra, de 18 quilos.

O instrutor decretou dar traslado ao Ministerio Fiscal e ás acusacións personadas na causa para que no prazo de 10 días formulen escrito de acusación no que soliciten a apertura de xuízo oral ou o sobresemento da causa, sen prexuízo de que poidan demandar, excepcionalmente, a práctica de dilixencias complementarias que consideren indispensables.

ÚLTIMAS

Sae a subasta por case 800.000 euros o local da centenaria pastelaría Madarro de Lugo

A Sección Civil de Execución do Tribunal de Instancia de Lugo dirixe a poxa...

O BNG pedirá no Congreso melloras no servizo de Correos na comarca de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou novas iniciativas para reclamar ao...

Un matrimonio de avanzada idade falece nun choque entre un camión e un turismo en Antas do Ulla

Dúas persoas, un matrimonio de avanzada idade, faleceron este martes nun accidente de tráfico...

Os gandeiros manteñen a tractorada en Lugo e o BNG denuncia a “competencia desleal” de Mercosur

Os gandeiros de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema, concentrados na cidade de Lugo...