Home Lugo e contorna Lugo Atopan morta no seu domicilio a unha anciá que non respondía desde había catro días

Atopan morta no seu domicilio a unha anciá que non respondía desde había catro días

0
Atopan morta no seu domicilio a unha anciá que non respondía desde había catro días
Vehículo da Policía Local de Lugo | Foro Policía

Axentes da Policía Local de Lugo atoparon no seu domicilio o cadáver dunha muller de 87 anos que levaba catro días sen responder a unha empresa de teleasistencia que se ocupaba de interesarse pola súa situación.

Segundo informou a Policía Local, a sala operativa do 092 recibiu este mércores -16 de xuño- a chamada dunha traballadora dunha empresa de teleasistencia, para informar de que facía catro días que non tiñan contacto cunha abonada. Inmediatamente, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio desprazouse ao domicilio da anciá.

Ao non recibir resposta ás chamadas que efectuaron na porta da súa casa, os axentes entraron no domicilio e atoparon o cadáver da muller no chan do dormitorio, entre a cama e a parede. A Policía Local informou o Xulgado de Garda para proceder ao levantamento do cadáver.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here