InicioLugo e contornaLugoO pleno de Lugo debaterá este mes a proposta de derriba das...

O pleno de Lugo debaterá este mes a proposta de derriba das torres do Garañón para convertelas en zona verde

Lara Méndez di que a "fin" das torres do Garañón supón terminar "non só" cunha estrutura "que afea a paisaxe nun das contornas máis fermosas e emblemáticos da cidade".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno do Concello de Lugo debaterá este mes de xuño a proposta de derriba das Torres do Garañón elaborada polo goberno local que encabeza Lara Méndez e que contempla a conversión da parcela nunha zona verde que se uniría ao parque de Rosalía.

Antes, este mércores, a área de Sustentabilidade Urbana da administración local levará a xunta de goberno o cambio nos usos da parcela onde se asintan as torres para declarala de edificabilidade cero.

Este paso, segundo explicou a alcaldesa este martes, supón a solución “máis adecuada” para encaixar o acordo plenario para a modificación puntual do plan urbanísitico municipal. Así as cousas, o goberno prevé levar á sesión ordinaria deste mes de xuño a súa proposta de modificación de crédito para proceder á derriba do Garañón, que tería un custo de 970.000 euros.

“Trátase de dar cumprimento a un ditame xudicial que anula a licenza outorgada no seu día para permitir a construción, pero tamén de acatar a vontade da corporación”, incidiu Lara Méndez, en referencia ao acordo plenario que apelaba a que terminar co inacabado edificio tivese o “menor impacto posible” sobre as arcas municipais.

Para a rexedora, o “fin” das torres do Garañón supón terminar “non só” cunha estrutura “que afea a paisaxe nun das contornas máis fermosas e emblemáticos da cidade”, senón tamén acabar “con todo o que simbolizan”.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo tallará dous tilos da Avenida Ramón Ferreiro polo “elevado risco de caída” tras un informe técnico

O Concello de Lugo anunciou que procederá á tala de dous tilos na Avenida...

Protesta cidadá en Parga pola falta de médicos durante o mes de decembro

Veciños e veciñas de Guitiriz, xunto coa corporación municipal, concentráronse este venres fronte ao...

Os xulgados de Lugo poñen en marcha unha nova campaña solidaria de alimentos para bebés

O Decanato dos xulgados de Lugo comeza este venres e ata o próximo día...

O alcalde de Lugo e a concelleira María Reigosa negan unha “crise interna” e levarán xuntos Medio Rural

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e a concelleira María Reigosa compareceron este venres...