InicioLugo e contornaLugoO Sergas pide á xente máis xoven que comprobe os datos da...

O Sergas pide á xente máis xoven que comprobe os datos da cita para manter o ritmo da vacinación

O xerente da área sanitaria lembra que, pola súa idade, "teñen menos contacto co sistema sanitario".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, Ramón Ares, fixo un chamamento aos grupos de idade máis novas da provincia, precisamente porque teñen “menos contacto co sistema sanitario” que os maiores, para que comproben que o Sergas ten correctamente rexistrados os seus datos, para que non haxa erros na citación e a campaña de vacinación contra a Covid-19 siga ao mesmo ritmo que ata o de agora.

Ares precisou que é importante que todo o mundo acuda á cita establecida para manter o ritmo de vacinación, polo que resulta convininte que os usuarios se aseguren de que o Sergas ten correctamente anotados os seus datos de contacto.

O Sergas completará este venres a aplicación da vacina contra a Covid-19 ás primeiras 13.350 persoas menores de cincuenta anos da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

MÁIS DE 23.000 DOSES ESTA SEMANA

En total, para esta semana, foron citadas 23.092 persoas para recibir a vacina, aínda que ademais do grupo de persoas menores de cincuenta anos, tamén foron inmunizadas 3.500 persoas de 50 a 59 anos que non acudiran a vacinarse cando foron citadas por primeira vez e outras 4.274 citadas dese mesmo grupo.

En total, das máis de 23.000 persoas citadas para recibir a vacina esta semana en Lugo, 14.438 persoas serán inmunizadas no HULA, outras 5.550 na Mariña e 3.104 en Monforte.

En canto ao grupo de idade de 40 a 49 anos, 4.450 persoas foron citadas para ser vacinadas cada día -mércores, xoves e venres-.

O sábado estará dedicado nos hospitais de Lugo á aplicación de segundas doses de AstraZeneca e foron citadas 1.918 persoas.

+ posts

ÚLTIMAS

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Carmela López mostra á reitora da USC o espazo de investigación na Granxa Gayoso

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Deputado de Formación, Ensino...

Friol celebra o seu VIII ‘Friulio’ castrexo-romano con 30 asociacións de recreación histórica

  O Concello de Friol presentou a próxima edición do “Friulio”, a súa festa castrexo-romana,...