InicioLugo e contornaLugoO Pub Anagrama de Lugo realizará un proba piloto de ocio nocturno...

O Pub Anagrama de Lugo realizará un proba piloto de ocio nocturno con 38 persoas este sábado

Todas elas teñen PCR negativa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 38 persoas, todas elas con probas PCR en saliva con resultado negativo, participarán este sábado na proba piloto para a reapertura do ocio nocturno en Lugo, que se realizará no pub Anagrama, un dos locais máis antigos do casco histórico da cidade.

Confirmouno, en declaracións á Cadena Cope, o responsable do sector do ocio nocturno na Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, Juan Agra, quen confía en que esta proba sirva para sacar conclusións de cara á reapertura xeral dos locais, “cando se poida”.

“Como había moita máis xente interesada en acudir” da que realmente podía entrar, “o Anagrama fixo un sorteo”, do que resultaron elixidas esas 38 persoas, explicou Juan Agra, que xa tiveron que enviar os seus datos personais. Para acceder ao interior do establecimiento, todos terán que presentar a citada PCR en saliva cun resultado negativo. 

También está prevista a presencia da Policía Autonómica nas inmediacións do establecimiento para evitar “aglomeracións de xente”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...