InicioLugo e contornaLugoVeterinaria, o eido temático da USC con máis prestixio para o ránking...

Veterinaria, o eido temático da USC con máis prestixio para o ránking de Shanghai

A excelencia académica e o gran de produtividade investigadora son os criterios que ten en conta o ránking.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Segundo se desprende da última edición do ránking de Shanghai por materias (ARWU), a USC é unha das universidades máis destacadas do mundo nun total de dezaseis ámbitos específicos das Ciencias Naturais, a Enxeñaría, as Ciencias da Vida, as Ciencias Médicas e as Ciencias Sociais. A Universidade é unha das máis de 1.800 universidades de 93 países recollidas nesta versión por ámbitos temáticos específicos.

Veterinaria, situada no intervalo 76-100, é o eido no que a USC acada unha posición máis salientable. Ciencias da Alimentación e Tecnoloxía, Odontoloxía e Ciencias Orais, así como Farmacia e Ciencias Farmacéuticas sitúanse no chanzo 151-200. No intervalo 201-300 atópase Física, Ciencias Políticas e Xestión Turística e Hostaleira. Pola súa parte, Química, Ciencias da Enerxía, Ciencias do Medio Ambiente, Ciencias da Agricultura e Biotecnoloxía aséntanse no chanzo 301-400. Finalmente, no banzo 401-500, atópanse Matemáticas, Ecoloxía, Enxeñaría Química e Bioloxía.

METODOLOXÍA

Ademais dunha enquisa de excelencia académica, esta clasificación toma en consideración os datos bibliométricos de Web of Science e InCites para medir a grao de produtividade investigadora de cada institución, analizar a súa calidade ou o alcance das colaboracións internacionais, entre outros aspectos.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...