InicioEconomíaO Concello de Lugo confirma novas intervencións na Piringalla

O Concello de Lugo confirma novas intervencións na Piringalla

Un feixe de novos proxectos incrementarán o investimento total neste barrio ata 1,3 millóns de euros, adicando o 75 % á biblioteca da Piringalla

PUBLICADA O

- Advertisement -

Nunha nova xuntanza coa veciñanza, o equipo de goberno de Lugo confirmou ás xentes da Piringalla novas partidas para a remodelación do barrio. A alcaldesa Lara Méndez e o voceiro municipal Miguel Fernández explicaron que estes investimentos incrementarán o total orzamentado para esta zona ata 1,3 millóns de euros, entre melloras de mobilidade e servizos.

Con cargo ao Plan de Barrios, o executivo asumirá o encargo dos cidadáns e do pleno da corporación de colocar unha glorieta entre as rúas Manuel María, Santo Grial e Mar Cantábrico. Esta medida contribuirá á seguridade de peóns e condutores, así como á fluidez do tráfico na Piringalla. O proxecto, xa redactado, conta cun orzamento próximo aos 130.000 euros e un prazo de execución de catro meses.

Dentro deste mesmo Plan, o equipo que dirixe Lara Méndez procederá á pavimentación da rúa Santo Grial, á mellora da beirarrúa da rúa Avutarda, e á colocación dunha fonte e o acondicionamento dun xardín en Cidade Norte, xunto á Praza Viana do Castelo.

Amais, o Concello prevé que en setembro estea redactado o proxecto técnico para acometer as obras de remate da biblioteca da Piringalla e a súa reconversión nun centro sociocultural. O proxecto foi encargado a finais de xuño e terá que saldar o acordo plenario e a insistente demanda da veciñanza. Para levar adiante este complexo, ideado en 2008 e paralizado durante a construcción polos desacordos coa empresa encargada, o goberno local consignou unha partida de un millón de euros nos Orzamentos de 2018.

O edificio, de 1.300 metros cadrados, contará cunha bebeteca para nenos e nenas de entre 0 a 6 anos; unha zona infantil para rapaces e rapazas de 7 a 14 anos; unha zona para adultos de lectura e consulta; unha sala de estudio; unha videoteca; unha fonoteca; un servizo de novas tecnoloxías e unha hemeroteca, ademais de un pequeno salón de actos.

Entre as actuacións xa acometidas polo Concello na Piringalla está a implantación da zona 30 na rúa Santo Grial, no tramo comprendido entre Lavandeira e Angelo Colocci, e nesta última rúa, entre Santo Grial e Gallego Tato. Así mesmo, a rúa Avutarda pasou a ser de sentido único. Outra das melloras levadas a cabo foi a reposición total do valado perimetral da pista de hockei no polideportivo Daniel Cordido.

Por outra banda, a rexedora convidou aos veciños e veciñas da Piringalla a facer propostas para os Orzamentos Participativos. Os interesados poderán plantexar ata o 9 de setembro investimentos de ata 15.000 euros, a través de distintas canles, dixitais ou presenciais, ben sexa a través unha web que se activou para este evento, loop.lugo.gal, no Rexistro Xeral do Concello ou en distintas xuntanzas que se celebrarán polos barrios da cidade. Nesta primeira fase pode participar calquera persoa empadroada en Lugo ou con vinculación co municipio, sexa por estudos ou traballo.

ÚLTIMAS

Deteñen a unha muller de 71 anos por introducir droga no cárcere de Monterroso

A Garda Civil de Lugo detivo a unha muller de 71 anos acusada dun delito de tráfico de...

A Policía Local de Lugo identifica a dous mozos facendo pintadas e a outro que esnaquizaba coches a fartar

A Policía Local de Lugo identificou a dous mozos sorprendidos mentres realizaban pintadas na mañá de...

Lugo realiza case 900 rexistros de rede de sumidoiros para controlar as pragas urbanas

O Concello de Lugo levou a cabo un total de 870 rexistros de rede de sumidoiros en nove...

A xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, Medalla de Ouro ao Mérito en Belas Artes 2024

A produtora cinematográfica Chelo Loureiro e a xerenta da Rede Museística Provincial de Lugo,...