InicioSucesosArde un vehículo na rúa Quiroga de Lugo e o condutor sae...

Arde un vehículo na rúa Quiroga de Lugo e o condutor sae ileso

Un Peugeot de vinte anos circulaba con normalidade cando o único ocupante tivo que abandonalo en metade da rúa por mor das lapas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Susto nunha céntrica rúa de Lugo capital. Un home de mediada idade circulaba con normalidade nun coche emprestado cando, sen previo aviso, o motor do vehículo incendiouse. A rápida evolución das lapas obrigou ao único ocupante a abandonar este Peugeot, de vinte anos pero apenas 20.000 quilómetros, no medio da rúa Quiroga.

O suceso aconteceu sobre as 9.25 horas deste venres. Algúns veciños pediron ao condutor que apartara o coche, pero non foi posible polo temor a que as lapas puideran estenderse á parte traseira. O home que conducía saíu ileso e deu aviso á Policía Local, que mobilizou asemade a unha dotación de bombeiros de Lugo.

Rapidamente conseguiron apagar o lume, localizado unicamente na parte dianteira. Lamentablemente, o vehículo quedou inutilizado, e unha mancha de aceite podería dificultar a circulación na rúa Quiroga.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O Concello de Lugo levará a pleno a declaración de rehabilitación integral da Milagrosa e Feijoo

O Goberno local levará este mes á Xunta de Goberno Local a aprobación da...

Javier Arias asume Urbanismo en Lugo para desbloquear licenzas e reforzar unha área “estratéxica”

O Goberno local de Lugo deu conta este venres do nomeamento de Javier Arias...