InicioMedioambiente e PatrimonioAsí será o primeiro barrio multiecolóxico de España no norte da cidade...

Así será o primeiro barrio multiecolóxico de España no norte da cidade de Lugo

O proxecto contempla a construción de 1.200 vivendas E 147.000 metros cadrados de espazos verdes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada polo presidente da Deputación, José Tomé, outros membros da corporación municipal e os responsables do proxecto, presentou este martes as liñas básicas para a creación na cidade do primeiro barrio multiecolóxico de España, trazadas polos responsables da proposta gañadora no concurso convocado pola administración local.

En rolda de prensa, Lara Méndez precisou que esa proposta é a “máis orixinal”, a que ofertou unha “maior diversidade de usos en proxección de futuro” e maior “versatilidade” como “exemplo de planificación exportable a outras cidades medias de Europa”, como parte do proxecto europeo Lugo+ Biodinámico.

A rexedora local precisou que esas liñas mestras presentadas hoxe son en realidade a base para realizar nun prazo de oito meses o “instrumento de planificación para desenvolver ese primeiro barrio multiecolóxico de España” e adaptalo ao actual Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) da cidade -mediante un plan parcial-.

NA GARABALLA

O novo barrio, cuxa planificación correrá a cargo do Concello, aínda que o seu desenvolvemento será froito da colaboración entre a iniciativa pública e a privada, está situado na zona da Garaballa, na parte norte de Lugo.

Ocupará unha extensión de 212.284 metros cadrados e contará cun “bo acceso”, precisou a alcaldesa, tendo en conta de será atravesado pola Avenida Infanta Elena, unha das principais vías de entrada á cidade desde a Autovía do Noroeste (A-6) e unha das arterias de comunicación cos polígonos das Gándaras e O Ceao.

O proxecto contempla a construción de 1.200 vivendas, “unha densidade moi baixa” para os metros cadrados que ocupará o novo barrio, dixo a rexedora, e ademais o 45% serán de promoción pública.

Os espazos veces ocuparán unha superficie de 147.000 metros cadrados -case cinco veces máis do previsto inicialmente na PXOM de Lugo-, mentres que se reservan outros 30.000 metros para equipamentos urbanos e, en canto á comunicación interior, habilitaranse senllas peonís e carrís para bicicletas.

Na construción das vivendas utilizarase a madeira como elemento estrutural e aplicaranse “criterios bioclimáticos e de eficiencia enerxética”, porque un dos obxectivos é a utilización de enerxías limpas que reduzan o impacto ambiental.

Búscase, explicou Méndez, “un novo concepto de aldea urbana, cun abanico o máis amplo posible de usos e con máximo nivel de autosuficiencia, até o punto de que contará cunha central de biomasa que será o quentador do barrio e permitirá un notable aforro enerxético”. Ademais, tamén se contempla a posibilidade de que as terrazas dos novos edificios alberguen cultivos hidropónicos e mesmo invernadoiros pechados.

O primeiro edificio do novo barrio será de promoción pública e levará por nome “Impulso Verde”, dado que será unha construción realizada con madeira exclusivamente galega e albergará na planta baixa unha superficie expositiva para explicar o proxecto que se está desenvolvendo no propio barrio.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...