InicioSucesosInterceptan un coche de autoescola con tres alumnos e sen seguro

Interceptan un coche de autoescola con tres alumnos e sen seguro

A Policía tamén identificou a dúas persoas que circulaban en sentido contrario e facendo zig-zags nun patinete eléctrico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha patrulla da Policía Local de Lugo multou con 1.500 euros o titular dun vehículo dunha autoescola da provincia no que circulaban unha profesora e tres alumnos sen constar o seguro obrigatorio dende o mes de setembro.

Os axentes deron o alto ao vehículo na rúa Paseo dos Estudantes, na zona sur da cidade. Comprobada a súa documentación, viron que á parte de carecer de seguro, na base de datos policial figuraba a anotación de dous embargos.

Así, amais da sanción económica, a Policía abriu un expediente sancionador contra o titular do vehículo e procedeuse á súa retirada ao depósito municipal, onde permanecerá ata que se regularice a súa situación.

PATINETES ELÉCTRICOS

Por outra banda, a Policía Local de Lugo tamén cursou denuncias a dúas persoas que circulaban no mesmo patinete eléctrico en sentido contrario pola avenida de Ramón Ferreiro. Conducían o patín facendo zig-zags, nunha “clara condución neglixente”. Por tal motivo, o condutor enfróntase a unha multa de 300 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...