InicioSociedadeRexeitada a suspensión cautelar da xuíza do tarot de Lugo

Rexeitada a suspensión cautelar da xuíza do tarot de Lugo

O CGPJ rexeitou a aplicación das medidas provisionais propostas polo promotor da acción disciplinaria despois de compromar indiciariamente os feitos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Comisión Disciplinaria do Consejo General del Poder Judicial (CGPJ) rexeitou, por cinco votos a dous, acordar a suspensión provisional de funcións da xuíza titular do Xulgado de Vixilancia Penal número 3 de Lugo, María Jesús García Pérez, que propuxera o promotor da acción disciplinaria, despois de comprobar “indiciariamente” que cobra por botar o tarot e que seguiu facéndoo incluso cando transcendeu publicamente a súa actividade como presunta vidente.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), no trámite de alegacións a Fiscalía tamén solicitara a suspensión provisional por un período máximo de seis meses, igual que solicitara o promotor da acción disciplinaria no marco do expediente incoado á maxistrada. Pola súa banda, a maxistrada opúxose á adopción da medida cautelar.

A mediados do pasado mes, o CGPJ abriu un expediente disciplinario a esta xuíza pola suposta comisión dunha falta “moi grave” por anunciarse como tarotista e vidente e levar a cabo estas prácticas. Agora rexéitase a adopción de medidas cautelares contra ela e poderá seguir no seu posto mentres non se resolve o expediente.

A suspensión provisional que propuña o promotor da acción disciplinaria amparábase na suposta comisión dunha “falta moi grave” prevista no artigo 417.6 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, consistente no “exercicio de actividades incompatibles co cargo de xuíz ou maxistrado”, establecidas no artigo 389 desa norma.

O promotor da acción disciplinaria consideraba que as actuacións practicadas no expediente permitiron acreditar “indiciariamente” que a maxistrada “vén exercendo unha actividade de cartomancia a través da baralla do tarot, aceptando diñeiro a cambio”, e que “seguiu facendo” incluso despois de que, tanto o TSXG como o propio promotor da acción disciplinaria, abrisen dilixencias informativas ao ter coñecemento desa actividade.

Na súa opinión, a suspensión cautelar da maxistrada por un período máximo de seis meses adoptaríase “en vista da gravidade dos feitos, da natureza da sanción que se lle podería impor en caso de apreciarse a comisión da falta -que podería chegar a ser a de expulsión da Carreira Xudicial– e da posibilidade de reiteración da conduta”, pero esta opción foi rexeitada por unha ampla maioría da comisión disciplinaria.

+ posts

ÚLTIMAS

Encontran restos humanos preto da vivenda dun home desaparecido en 2022 no Concello de Carballedo

Un grupo de traballadores forestais localizou o xoves restos humanos nunha zona de monte...

Prisión para un home acusado de roubar whisky nun supermercado de Lugo e morder un vixiante de seguridade

A Policía Nacional de Lugo detivo un home de 27 anos acusado de roubar...

A Deputación dá luz verde para a reconstrución da ponte de Navia de Suarna

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

O PPdeG apoia a candidatura de Elena Candia para a alcaldía de Lugo en 2027

O PPdeG subliñou este xoves o apoio á candidatura de Elena Candia para a...