InicioSucesosCachan conducindo por Lugo a un rapaz que nunca sacara o carné

Cachan conducindo por Lugo a un rapaz que nunca sacara o carné

O xove de 19 anos facía prácticas clandestinas canda o seu pai – A Policía Local instrúe dilixencias por un delito contra a seguridade viaria

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo cacharon ao volante dun coche a un rapaz de 19 anos que nunca sacara o carné de conducir. O xove circulaba canda o seu pai, que ocupaba o asento de copiloto. Por esta infracción, o corpo municipal intruíu dilixencias por un delito contra a seguridade viaria.

Segundo relata GaliciaConfidencial, os funcionarios da orde pública decatáronse de que, na tarde deste martes, un turismo circulaba polo Paseo dos Estudantes de Lugo a un ritmo anormalmente lento. Asemade, o condutor amosaba dificultades para controlar o vehículo.

En consecuencia, os policías esixiron o alto e puideron constatar que o rapaz endexamais obtera o permiso de conducción. A continuación, o pai do condutor tivo que facerse cargo do coche.

A Policía Local instruíu dilixencias ao Xulgado de Garda baixo a modalidade de xuízo rápido, valorando a presunta autoría dun delito contra a seguridade viaria. O pai e maila titular do turismo son investigados en calidade de cooperadores necesarios para o mesmo delito.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...