InicioSociedadeAberto o prazo de inscrición para as camiñatas pola igualdade na cidade...

Aberto o prazo de inscrición para as camiñatas pola igualdade na cidade de Lugo

A iniciativa, promovida polo Concello, pretende poñer de relevo un modelo "peonil e igualitario" de cidade e está aberta á participación da veciños entre os 14 e 35 e anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os mozos e mozas lucenses poderán desfrutar ao longo deste verán dun total de 10 camiñatas pola “igualdade” e a “sostibilidade” organizadas polo Concello da cidade e abertas á participación de todos os veciños entre 14 e 35 anos.

Segundo apuntan dende o consistorio, o número de prazas para cada unha das camiñatas é de 25 e a hora de saída será sempre ás 10:30 horas. O motivo destas camiñatas, destacan, é poñer de relevo unha serie de datas conmemorativas con especiais implicacións a nivel de igualdade e sostibilidade. Deste xeito, as camiñatas de sostibilidade partirán do Parque Rosalía de Castro –diante do busto da escritora-, mentres que no caso das andainas de sostibilidade (as primeiras  en comezar) o espazo seleccionado serán os soportais do Concello, na Praza Maior.

As camiñatas contarán cos guías locais Guido Álvarez Parga e Lidia de la Fuente serán os encargados, respectivamente, de dirixilas. Dende o Concello destacan a implicación destas marchas cunha visión “peonil” e “igualitaria” da cidade, na que os viandantes conten co seu lugar.

As inscricións provisionais pódense realizar a través do enderezo xuventude@lugo.gal, facilitando o nome, apelidos, data de nacemento e teléfono, achegando, con caracter obrigatorio, foto ou fotocopia do DNI/NIE/PASAPORTE. No Concello apunta que os menores deberán ir acompañados por unha persoa adulta. A participación é gratuíta e primará ós mozos e mozas de 14 a 35 anos empadroados no Concello, se ben cabe a posibilidade de reservar prazas para a mocidade de fóra pero que traballe na cidade ou mesmo persoas de municipios limítrofes. 

As datas das andainas son as seguintes

Sostibilidade:

12 DE AGOSTO: DÍA MUNDIAL DA XUVENTUDE

29 DE AGOSTO: SEMANA MUNDIAL DA AUGA 

4 DE SETEMBRO: MOBILIDADE SOSTIBLE

19 DE SETEMBRO: DÍA MUNDIAL DA LIMPEZA

Igualdade:

18 DE XULLO: NACEMENTO DE XULIA MINGUILLÓN

2 DE AGOSTO: MULLERES NA HISTORIA DE GALICIA

12 DE SETEMBO: NACEMENTO DE EMILIA PARDO BAZÁN

17 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DA NENA E DA MULLER RURAL

21 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

ÚLTIMAS

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...

Obras de rehabilitación en ligazóns da A-6 e A-8 en Begonte provocarán cortes de circulación durante tres semanas

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable inicia este xoves, 21 de novembro, as obras...

Un lucense gaña 2,6 millóns co Eurojackpot da ONCE

Un veciño da provincia de Lugo gañou 2,6 millóns de euros co Eurojackpot do...