InicioSociedadeA praza Augas Férreas quedará cortada este mércores á noite

A praza Augas Férreas quedará cortada este mércores á noite

Un concerto nesta praza do centro de Lugo limitará o acceso rodado, salvo a veciños e taxis, ata ben entrada a madrugada

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os accesos de tráfico rodado á praza Augas Férreas de Lugo pecharán este mércores 4 de xullo a partir das 21.00 horas. A razón é o concerto organizado por Cadena Ser Lugo, dentro da xira Déjate Llevar, que extenderase ata as 03.00 horas da madrugada. Residentes e taxis poderán acceder, salvo naqueles momentos en que quede desaconsellado por mor da presenza de público.

A medida inclúe a prohibición de estacionar no lateral fronte á rúa Vázquez Seijas e no lateral comprendido entre as rúas Antonio Rosón e María Castaña. Os cortes quedarán establecidos nos seguintes puntos:

1-En Estrada da Granxa con Rúa Cantigas e Flores.
2-Confluencia da Rúa Cantigas e Frores con Praza de Augas Férreas.
3-Confluencia da Rúa Vázquez Seijas con Rúa Círculo das Artes.
4-Confluencia da Avenida de Madrid con Rúa María Castaña.
5-Na Praza de Augas Férreas con Rúa María Castaña.
6-En Rúa Xosé Castiñeira con Rúa Enriqueta Otero.
7-En Rúa Xosé Castiñeira con Rúa Cánovas del Castillo.
8-En Praza de Augas Férreas con Rúa Cánovas del Castillo.

Este perímetro poderá ser ampliando dependendo da afluencia de público ao concerto da praza Augas Férreas. Os traballos de montaxe iniciaranse ás 11.00 horas e o desmonte finalizará, segundo está previsto, arredor das 04.30 horas.

ÚLTIMAS

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...