InicioSucesosInterceptan en Lugo un coche con seis pasaxeiros, entre eles un preso...

Interceptan en Lugo un coche con seis pasaxeiros, entre eles un preso fugado de Bonxe

Este individuo está relacionado cun roubo nun local hostaleiro da cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- Axentes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo interceptaron en Lugo un turismo con seis ocupantes no seu interior, entre eles un preso fuxido do cárcere de Bonxe. Ocorreu durante un dos controis establecidos para comprobar o cumprimento das restricións en materia de circulación viaria.

A Garda Civil informa de que esta circunstancia xa é constitutiva dunha infracción administrativo en condicións normais, posto que o número de ocupantes do vehículo superaba o de prazas. Pero, ademais, o desprazamento non se “atopaba dentro das actividades previstas” no estado de alarma para a circulación polas vías de uso público.

Así pois, os axentes procederon á identificación de todos os pasaxeiros do coche. Desta maneira puideron comprobar que varios dos ocupantes tiñan numerosos antecedentes policiais, mentres que un deles estaba baixo orde de detención e ingreso en prisión ao non regrasar ao cárcere tras gozar dun permiso penal.

RELACIÓN CON ROUBOS EN BARES

Sabido isto, os axentes solicitaron presenza da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Lugo, cuxos efectivos se presentaron no lugar. O citado individuo estaba fuxido desde hai varios meses do Centro Penal de Bonxe e, ademais, estaba a ser investigado pola Garda Civil pola súa suposta participación nos roubos de vehículos e en locais de hostalería que se sucederon nos últimos meses nas provincias de Lugo e A Coruña.

Concretamente, os investigadores do instituto armado atribúenlle a súa participación nun roubo perpetrado na madrugada do pasado 1 de febreiro, cando se deu á fuga nun vehículo subtraído, “poñendo en risco a circulación e a integridade dos efectivos que trataban de detelo”.

Por este motivo, ademais do seu reingreso inmediato no centro penal, policialmente instrúense dilixencias por delito de roubo de vehículo de motor, contra a seguridade viaria e desobediencia grave a axentes da autoridade. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...