InicioSociedadeFiscalía e Avogacía do Estado opóñense á suspensión da sanción a Pilar...

Fiscalía e Avogacía do Estado opóñense á suspensión da sanción a Pilar de Lara

Agárdase coñecer a resolución do Tribunal Supremo nos vindeiros días.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- Tanto a Fiscalía como a Avogacía do Estado emitiron un informe desfavorable ao recurso de reposición interposto por Pilar de Lara ante o Tribunal Supremo para solicitar a suspensión cautelar da sanción que lle impuxera o Consello Xeral do Poder Xudicial e que implicaba a perda de destino.

O Tribunal Supremo xa denegara a suspensión cautelar da sanción e, de feito, a xuíza Pilar de Lara xa se viu obrigada a abandonar o Xulgado de Instrución número 1 de Lugo. O seu avogado, Agustín Azparren, informou de que tamén se opoñen os dous avogados personados na causa, entre eles o que defende ao exalcalde de Lugo, José López Orozco.

O letrado opina que en poucos días haberá unha resolución do Supremo con respecto a ese recurso de reposición.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...