Finalizadas as obras dos viadutos da A-6 entre Noceda e Pedrafita do Cebreiro

O Ministerio de Transportes destinou 1'6 millóns de euros á súa execución.

Viaduto de Noceda. MINISTERIO DE TRANSPORTES

As obras de conservación en dous viadutos da A-6, entre Noceda (León) e Pedrafita do Cebreiro (Lugo), termináronse durante os últimos días do mes de febreiro.

En concreto, o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) executou estas actuacións sobre os viadutos de Silvela e Noceda. Ambas actuacións supuxeron un investimento de 1’6 millóns de euros, segundo informou o propio Ministerio este mércores a través dun comunicado.

Ese orzamento destinouse a realizar obras de tipo estrutural, que se finalizaron no mes de novembro de 2019. Posteriormente, retomáronse os traballos en febreiro para o fresado e a reposición do firme deteriorado nas zonas de actuación. O Ministerio tamén explicou que a interrupción dos traballos durante decembro e xaneiro debeuse ás inclemencias climatolóxicas.