InicioSucesosDetido un ladrón tras unha temeraria fuga que puxo en perigo varios...

Detido un ladrón tras unha temeraria fuga que puxo en perigo varios transeúntes

Axentes da Policía Nacional perseguiron polas rúas de Lugo a un home sobre o que pesaban cinco ordes de busca e captura por roubos con forza e intimidación. O individuo tentou escapar no seu coche, pero finalmente perdeu o control e bateu contra un talude de terra.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron un home de 26 anos, veciño de Lugo, sobre o que pesaban cinco ordes de busca e captura por diferentes xulgados da provincia e de Madrid. Ao individuo impútanselle varios roubos con forza e intimidación. O arresto produciuse logo dunha intensa persecución policial polas rúas de Lugo para impedir a fuga do home no seu coche, quen conduciu temerariamente para evitar a Policía.

Os feitos sucederon na tardiña de onte, 27 de febreiro. Segundo indican fontes policiais, identificouse o vehículo do suposto ladrón, reclamado pola Xustiza, na zona das casas sindicais. El mesmo estaba no interior do coche pero, ao decatarse da presenza policial, emprendeu a fuga.

CONDUCIÓN “NEGLIXENTE E TEMERARIA”

Na súa fuxida, invadiu o carril esquerdo de circulación, “cun claro desprezo á seguridade dos outros condutores“, segundo sinala a Policía. Engaden que tampouco respectou os semáforos en vermello, polo que varios peóns “correron perigo” e tiveron que saltar á beirarrúa.

O individuo percorreu varias rúas da zona da Abella cunha condución “neglixente e temeraria”, pero sempre seguido de preto polos axentes policiais. Finalmente, o condutor “perdeu o control do turismo” e “bateu contra un talude de terra”, así que tivo que ser auxiliado polos policías para saír do vehículo.

Procedeuse á súa detención inmediata e foi trasladado a dependencias policiais, en aras da tramitación do correspondente atestado. De todo isto deuse conta á autoridade xudicial, a onde pasará durante a mañá de hoxe.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e...

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que...