InicioEconomíaTraballadores de Alcoa manifestaranse na cidade de Lugo o vindeiro 26 de...

Traballadores de Alcoa manifestaranse na cidade de Lugo o vindeiro 26 de febreiro

O comité de empresa fletará autobuses dende A Mariña para acudir á protesta, na que se reclamará un abaratamento do prezo da electricidade que favoreza a continuidade da planta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O comité do complexo industrial de Alcoa en San Cibrao convocou unha nova manifestación en Lugo para o vindeiro mércores, 26 de febreiro. Reclamarán un abaratamento da luz que favoreza a continuidade da planta de aluminio, actualmente posta en cuestión por parte da multinacional debido ao prezo da electricidade.

A protesta dos traballadores partirá da estación de autobuses de Lugo ás 10.00 horas, para posteriormente finalizar diante da Deputación. O comité de empresa fletará autobuses para acudir ao acto reivindicativo dende a Mariña. Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...