InicioSucesosRescatan un ancián que levaba dous días tirado na súa casa de...

Rescatan un ancián que levaba dous días tirado na súa casa de Lugo sen poder erguerse

Unha veciña escoitou os berros de auxiliou e alertou a Policía Local.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- Axentes da Policía Local de Lugo rescataron onte un ancián que caera no seu domicilio había dous días e que era incapaz de levantarse. Unha das súas veciñas escoitou os seus berros de auxilio e deu o sinal de alarma.

Segundo informou a propia Policía Local, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio desprazouse de “urxencia” onte, ás 10:00 horas, a unha vivenda da rúa Illa de Man, despois dun aviso emitido por unha residente do inmoble.

Ao non recibir resposta por parte da persoa que supostamente estaba no interior da vivenda, os axentes solicitaron a intervención dos Bombeiros e, coa súa axuda, lograron acceder á casa.

Alí atoparon o home tirado no chan do seu dormitorio, pero consciente. O ancián informou os axentes de que caera o domingo pola noite e, desde entón, fora incapaz de levantarse. Afortunadamente, ao escoitar que a súa veciña se atopaba esa mañá na súa vivenda, gritou con forza coa esperanza de que escoitase os seus berros de auxilio.

Finalmente, foi trasladado nunha ambulancia do 061 ao HULA para recibir atención médica.

+ posts

ÚLTIMAS

PSOE e PP enfróntanse en Lugo polo mitin de Besteiro: acusacións de “sectarismo” e “manipulación”

A campaña electoral das eleccións xerais do 29 de novembro chega á súa recta...

Lugo recuperará unha aula infantil pechada desde a pandemia para acabar coa lista de agarda: 12 novas prazas en 2027

A conciliación familiar continúa sendo unha das principais preocupacións para os fogares con nenos...

Lugo activa o plan contra as nevaradas: 42 camións e 9.250 toneladas de sal para manter abertas as estradas

A chegada do inverno volve poñer o foco nun dos principais desafíos para a...

Detido tras agredir a unha auxiliar de enfermaría no hospital de Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo un home por agredir unha auxiliar de enfermaría...