InicioSociedadeVeciños dun edificio de Lugo fártanse dos impagos dun moroso e saen...

Veciños dun edificio de Lugo fártanse dos impagos dun moroso e saen á rúa para protestar

Un propietario leva "dous longos anos" sen abonar ningún recibo, de maneira que se volve "inviable" o mantemento de servizos básicos comunitarios como a calefacción, o IBI ou o vao. Aseguran que actúa "de mala fe", porque nunca deu explicacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Veciños dun inmoble da Piringalla, en Lugo, convocaron para hoxe unha concentración de protesta contra un residente moroso que leva “dous longos anos” sen pagar os recibos da comunidade.

Segundo informa Cadena Cope, a comunidade conformada por doce propietarios quéixase de que dito veciño moroso debe recibos dende novembro do 2017, algo que fai “inviable” o mantemento dos servizos básicos do edificio, como “o pago do gasóleo da calefacción, a iluminación comunitaria, o IBI ou o vao”.

Por iso, o pasado 27 de novembro, os propietarios decidiron nunha reunión “convocar unha concentración pacífica unha vez ao mes” para protestar pola situación. Apóianse, ademais, en que “desde finais de 2018” xa contan cunha “sentenza a favor da comunidade” en relación con esa falta de pagamentos.

“MALA FE”

“Os afectados comprobamos que (o veciño moroso) actúa de mala fe, pois á parte de utilizar todos os servizos comunitarios sen reparo algún, non foi capaz de pagar nin un só recibo nestes dous anos longos nin de dar ningunha explicación nas reunións convocadas formalmente”.

A concentración foi convocada para este martes, 21 de xaneiro, a partir das 19:15 horas, diante do establecemento que rexenta o veciño moroso na Avenida da Coruña.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...