InicioCulturaBares do centro de Lugo volven apuntarse aos cantos de taberna

Bares do centro de Lugo volven apuntarse aos cantos de taberna

Os locais Karrusel, Las Cinco Vigas, O Castor, People Lugo e Millenium acollerán tres agrupacións de música popular galega.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Varios establecementos hostaleiros da rúa Cruz, no casco histórico de Lugo, organizan este sábado 18 a segunda edición dos Cantos de Taberna. A cita terá lugar a partir das 20:00 horas.

A música popular galega será a auténtica protagonista desta xornada, que se celebra por segundo ano consecutivo. As agrupacións Arrebolaxe, Tokaide e Cavanca animarán o ambiente do Karrusel, Las Cinco Vigas, O Castor, People Lugo e o Millenium.

Concello de Lugo e a Asociación Lugo Monumental colaboran neste evento que procura recuperar unha tradición.

Os cantos de taberna, tradición e reclamo para o inverno

ÚLTIMAS

Sindicatos sanitarios da área de Lugo piden á Xerencia que aplique a xornada de 35 horas en Atención Primaria

O comité de centros de atención primaria da área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte de...

O tenente de alcalde de Lugo comprométese a executar todo o programa electoral antes de 2027

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), comprometeuse este martes, día no...

O Concello de Lugo destaca que o Arde Lucus consolida á cidade como “referente turístico”

A edil de Cultura, Turismo e Promoción de Lingua do Concello de Lugo, Maite...

Condenado a 26 anos de cárcere o home que asasinou a Cristina Cabo no seu domicilio de Lugo

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou, en base ao veredicto do tribunal do...