InicioSucesosFerida unha persoa tras ser atropelada en Lugo

Ferida unha persoa tras ser atropelada en Lugo

O accidente produciuse no barrio da Residencia, á primeira hora deste martes 7 de xaneiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- Unha persoa resultou ferida esta mañá de 7 xaneiro logo de ser atropelada no centro urbano de Lugo. Concretamente, os feitos ocorreron no barrio da Residencia, nas inmediacións do recinto que antigamente ocupaba o vello Hospital Xeral.

Segundo informaron a EFE fontes dos servizos de emerxencias, o accidente produciuse na rúa Doutor Ochoa de Lugo cando pasaban apenas uns minutos das nove e media da mañá.

Para axudar a vítima, o 112 mobilizou ao servizo de Urxencias Sanitarias-061, a agrupación de voluntarios de Protección Civil, os Bombeiros e a Policía Local. Despois de recibir os primeiros auxilios no mesmo lugar do accidente, a persoa ferida foi trasladada nunha ambulancia de soporte vital básico ao hospital Polusa.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...