InicioSociedadePrisión para o home que presuntamente abusou dunha menor na noite de...

Prisión para o home que presuntamente abusou dunha menor na noite de Fin de Ano

A moza foi auxiliada por tres viandantes que sentiron os seus berros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O titular do xulgado de garda de Lugo decretou prisión para o home que, presuntamente, abusou sexualmente dunha menor durante a noite de Fin de Ano.

Segundo informaron fontes policiais, o varón, de 35 anos e de nacionalidade colombiana, foi enviado a prisión logo de prestar declaración nas dependencias xudiciais.

O delito que se lle achaca é o abuso sexual a unha rapaza de 16 anos que volvía á súa casa logo dunha noite de festa. A moza foi auxiliada por tres viandantes cando o individuo trataba de achegarse a ela. Entre todos, conseguiron retelo e impedir que fuxira.

Unha patrulla da Garda Civil que pasaba por alí fíxose cargo do home ata que chegaron os axentes da Policía Nacional. Estes afirman que se trata do autor dun “abuso sexual, claro e patente”, aínda que descartan que se chegara a producir unha violación.

 

ÚLTIMAS

División de opinións na Asociación Forestal de Galicia sobre Altri: o 52% de socios apoia e o 40%, rexeita

Unha enquisa realizada pola Asociación Forestal de Galicia entre os seus socios sobre o...

Volve a neve en plena primavera á provincia de Lugo este sábado

Varios puntos da provincia de Lugo rexistran nevadas na mañá deste sábado de finais...

Morre Cristina Pérez Herraiz, concelleira en Lugo entre 2015 e 2019

A exconcelleira do Concello de Lugo Cristina Pérez Herraiz faleceu este sábado a consecuencia...

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...