InicioLugo e contornaLugoO destino definitivo da xuíza Pilar de Lara coñecerase "despois de Reis"

O destino definitivo da xuíza Pilar de Lara coñecerase “despois de Reis”

De confirmarse a sanción tería perda de destino, ademais da suspensión de emprego e soldo durante sete meses e un día.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O avogado da maxistrada Pilar de Lara, Agustín Azparren, asegurou que “despois de Reis” coñecerase se a maxistrada lucense ten que cumprir a sanción de sete meses e un día que lle impuxo o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e que carrexa a perda de destino.

A titular de Xulgado de Instrución número uno de Lugo recorreu ante o Tribunal Supremo esta sanción por dilacións indebidas nas macrocausas que investiga. Azparren sinala que a resolución sobre a “medida cautelar” adoita tardar “un mes aproximadamente” polo que calcula que “sería para despois de Reis, en xaneiro, cando se resolvería sobre se ten que cumprir a sanción e deixar, por tanto, o xulgado, ou se o Tribunal Supremo concede a suspensión e pode continuar ata que se decida sobre o recurso principal”. Este último extremo, segundo indicou, “tardaría como mínimo un ano”.

No caso do castigo a Pilar de Lara leva aparellado perdida de destino, ademais da suspensión de emprego e soldo durante sete meses e un día. Con todo, neste caso, considera que sería “moi difícil de reverter” se a xuíza ten que pedir o traslado fóra, “que habitualmente é a bastante distancia”.

“Aquí non casa con revertelo cunha indemnización posto que iso supón que perdeu o destino, que tivo que trasladar o seu domicilio coa afectación á vida familiar e á conciliación da vida familiar. Esta é a característica desta sanción, porque leva aparellada perda de destino, con respecto a outras (só suspensión de emprego e soldo) en que o Supremo nunca concede a suspensión”, advertiu.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...