InicioLugo e contornaLugoPSOE e BNG achegan posturas para formar un goberno bipartito "estable" en...

PSOE e BNG achegan posturas para formar un goberno bipartito “estable” en Lugo

"Imos planificar o próximos catro anos para a cidade e as liñas programáticas de crecemento. Escatimar en cantas reunións ou o tempo de duración das mesmas non tería sentido ningún" delcara Lara Méndez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo en funcións e candidata socialista, Lara Méndez, e a cabeza de lista do BNG na capital lucense, Rubén Arroxo, sentáronse por primeira vez na tarde deste xoves de maneira “oficial” para negociar un pacto de goberno para o goberno da Cidade das Murallas.

Á saída, a alcaldesa en funcións asegurou que o encontro “foi moi positivo, onde primou a cordialidade e a postura de chegar a puntos en común, que os hai e son moitos”.

Pola súa banda, o candidato do BNG, Rubén Arroxo, sinalou que o obxectivo deste xoves era “era primeiramente falar sobre o proxecto que se quere facer durante o próximos catro anos”.

“Estivemos a repasar, hai bastantes coincidencias e agora esperamos que, nos próximos días, sigamos profundando para primeiramente pechar ese proxecto que queremos facer no próximos catro anos”, destacou Arroxo.

Respecto diso de si desta primeira reunión vai xurdir un novo “bipartito” o nacionalista mostrouse “optimista, porque a reunión foi positiva, e esperamos que as próximas tamén vaian nesa liña”.

Ambos os políticos admitían que “non” falaran de “áreas de goberno”, nin tampouco de “organización do goberno, nin de modelo de goberno”. “Hoxe dedicámonos a falar de proxecto, do primeiro que temos que falar porque se non coincidimos no proxecto todo o demais cae pola borda”, reiterou o aínda portavoz en funcións do BNG.

Con dez minutos de atraso sobre o horario inicial das 17,00 horas arrincou a primeira reunión entre socialistas e nacionalistas de face a articular un acordo para o próximos catro anos despois das eleccións do pasado 26 de maio, nas que o PSOE obtivo oito edís e cinco o BNG, pola que a suma de ambas as forzas alcanza para a maioría (13) na corporación lucense.

A delegación do PSOE estivo encabezada pola alcaldesa en funcións, Lara Méndez, acompañada polo secretario provincial, Álvaro Santos; a secretaria local, Ana González Abelleira e o concelleiro portavoz en funcións do goberno local, Miguel Fernández.

Por parte dos nacionalistas, o número dous da lista Maite Ferreiro e o tamén concelleiro electo Alexandre Penas integraron a comitiva do BNG liderada polo número uno nas pasadas eleccións, Rubén Arroxo.

Tras un saúdo entre as partes que se selaba cun apertón de mans entre Arroxo e Lara Méndez iniciábase esta primeira rolda de negociacións, que se celebrou no salón de comisións da sede do concello.

COINCIDEN EN LOGRAR “UN GOBERNO ESTABLE”

Antes de entrar ao encontro, Arroxo apuntaba en declaracións aos medios que acudía á cita “coa intención de chegar a un goberno estable, a un cogoberno”.

“Entendemos que despois do que pasou neste catro anos son necesarios cambios. É preciso pór un proxecto encima da mesa e iso é o que imos facer hoxe: pór un proxecto (de cidade) encima da mesa para pór Lugo a funcionar”, aseverou.

O BNG vai ser totalmente construtivo, totalmente propositivo para chegar ao mellor acordo para os veciños e veciñas da cidade de Lugo”, incidiu o nacionalista, que vaticinou que “seguramente sexan necesarias máis reunións”. “En todo caso, as que fagan falta”, apostilou.

En canto ás áreas de goberno a administrar polo BNG, Arroxo contestou que “o máis importante agora mesmo é facer un proxecto para Lugo”. “A política municipal está totalmente relacionada, collas a área que collas, para nós o principal é facer un proxecto en común e despois xa virá a repartición de tarefas”, subliñou.

LARA MÉNDEZ

Pola súa banda, tamén antes de participar no encontro, Lara Méndez manifestou que encara as negociacións “con todo o ánimo e optimismo para alcanzar un gran acordo para o próximos catro anos”.

Do mesmo xeito que Arroxo, intúe que a deste xoves será a primeira de “máis reunións”, ata o sábado 15, xornada fixada para a constitución das corporacións municipais e as votacións dos alcaldes.

“Non imos escatimar ningunha reunión. Imos planificar o próximos catro anos para a cidade e as liñas programáticas de crecemento. Escatimar en cantas reunións ou o tempo de duración das mesmas non tería sentido ningún. Non temos présa, nin imos pór o número de reunións porque serán as que faga falta para alcanzar un bo acordo e para falar de proxectos de futuro”, remarcou finalmente Méndez.

 

“FALAR DO PROXECTO”

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...