InicioLugo e contornaFriolEvacuada unha muller tras recibir unha couce dunha vaca en Friol

Evacuada unha muller tras recibir unha couce dunha vaca en Friol

Foi trasladada en ambulancia ao HULA.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller duns 43 anos de idade foi trasladada a un centro sanitario tras recibir a couce dunha vaca no termo municipal de Friol  na tarde do pasado luns. Segundo informou o 112 Galicia, tivo constancia dos feitos a través da chamada dos servizos sanitarios, poucos minutos antes das 20,00 horas.

Na comunicación, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informaron de que unha persoa acababa de recibir un golpe dunha vaca e que mobilizaban o helicóptero medicalizado con base en Santiago para o lugar da Gándara, pertencente á parroquia de Lea.

Con eses datos, os xestores do CIAE-112 alertaron á Garda Civil e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do concello, por se fose necesario o seu apoio no lugar.

Finalmente, o equipo médico de urxencias confirmoulle ao 112 Galicia que a persoa foi trasladada en ambulancia. En concreto, o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital básico que levou á muller, M.J.V.S., de 43 anos, ao Hospital Unibersitario Lucus Augusti de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...