InicioSociedadeO Goberno confirma que deixa sen novo xulgado do social a Lugo

O Goberno confirma que deixa sen novo xulgado do social a Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Goberno central aprobou este venres dous reais decretos polos que se crean 75 novas unidades xudiciais e amplíase o persoal do Ministerio Fiscal en 80 novas prazas. Na listaxe recóllese o impulso a novos xulgados do social nas cidades de Santiago e Vigo, pero non en Lugo, como así solicitaron a Xunta e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia como necesidades “prioritarias” do territorio galego.

A Comisión Mixta conformada polo Goberno galego e o TSXG trasladara o pasado ano ao Ministerio a súa análise da situación do sector e das accións prioritarias de reforzo que eran necesarias acometer na comunidade autónoma.

No seo desta comisión, os representantes do Superior sinalaron que os xulgados galegos con maior volume de traballo eran o do Social de Vigo, cun 165%; o de Santiago, cun 151%; e o de Lugo, cun 148%. Por este motivo, a Xunta e o TSXG decidiron solicitar un reforzo ao Estado para estas tres cidades, consideradas como “prioritarias”.

O pasado mes de febreiro saltou a polémica cando Xustiza autorizou a creación de tres unidades xudiciais para Galicia. A pesar de que si se concedía a petición para Vigo, na listaxe non se atopaban os xulgados do Social de Lugo e Santiago demandados pola comunidade galega.

A decisión iniciou un cruzamento de acusacións e críticas entre a Xunta e o Goberno central, que levou ao delegado do Goberno, Javier Losada, a matizar o anuncio do Ministerio asegurando que habería un xulgado do social en Santiago de Compostela e que se incluiría na proposta definitiva do organismo estatal.

Finalmente, o Consello de Ministros aprobou este venres a creación do Xulgado de primeira instancia nº 14 da Coruña, do Xulgado do social nº 4 de Santiago de Compostela e do Xulgado do social nº 6 de Vigo, aínda que ningún para Lugo.

A cidade beneficiarase, con todo, dunha das 80 prazas coas que se ampliará o persoal orgánico do Ministerio Fiscal, que irá parar á Fiscalía Provincial de Lugo.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...

A Fiscalía pide 20 anos de prisión para un home acusado de violar dúas veces a unha muller en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá os días 3 e 4 de xullo o...