Home Lugo e contorna Lugo As sancións da Ordenanza Cívica poderían conmutarse por prestacións sociais

As sancións da Ordenanza Cívica poderían conmutarse por prestacións sociais

3
As sancións da Ordenanza Cívica poderían conmutarse por prestacións sociais
Reunión da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, coa Federación de Asociacións de Ámbito Social (Fadas) | Concello de Lugo

O Concello de Lugo contempla que as sancións da Ordenanza Cívica poidan conmutarse por prestacións sociais. A alcaldesa, Lara Méndez, informou de que estudarán esta posibilidade co fin de reconducir as conductas pouco desexables e concienciar ás persoas sancionadas. Unha disposición transitoria transversal afectaría a todos os artigos do borrador en que traballa o goberno municipal.

Méndez subliñou que, unha vez exposto aos grupos políticos da oposición o documento básico de traballo, as achegas sen impedimentos legais serán incorporadas. “Agora estámonos a reunir con todos aqueles colectivos que así nolo solicitan” para “nutrir e mellorar” coa achega social o borrador.

Así, este venres a rexedora mantivo no despacho de Alcaldía un encontro con representantes da Federación de Asociacións de Ámbito Social (FADAS) para abordar o contido da norma de convivencia. Nos vindeiros días, terán lugar máis reunións con outras entidades e colectivos, sinalou Lara Méndez. Aliás, ao Concello están chegando por distintas vías propostas sobre a ordenanza que tamén se estudarán.

Amais de a un acordo do Pleno, a elaboración desta norma básica de convivencia “obedece a unha demanda social, que nos veñen reivindicando distintos colectivos de todos os ámbitos, tanto veciñal, como cultural ou empresarial“, como unha ferramenta para garantir a convivencia da cidadanía e, en definitiva, mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas preservando o espazo público como un lugar de encontro e civismo”.

Segundo fontes da alcaldía, o borrador de Ordenanza Cívica sobre o que está a traballar o Concello de Lugo baséase na ordenanza tipo consensuada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

+ posts

3 COMENTARIOS

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here