Home Lugo e contorna Lugo Nova manifestacións no barrio das Gándaras para pedir o desaloxo da última casa ocupada que queda

Nova manifestacións no barrio das Gándaras para pedir o desaloxo da última casa ocupada que queda

0
Nova manifestacións no barrio das Gándaras para pedir o desaloxo da última casa ocupada que queda
Manifestación convocada pola Asociación Gatos Roxos, contra a okupación de vivendas e os okupas do barrio das Gándaras en Lugo / EFE

Os veciños do barrio lucense das Gándaras volverán manifestarse este domingo contra os okupas. A marcha sairá desde a igrexa ás 13,15 horas e dirixirase ata a única vivenda que se atopa okupada.

O presidente da Asociación de Veciños Gatos Roxos, Jaime Gueimunde, concretou o itinerario, con saída desde a igrexa e que fará “o mesmo percorrido ata a casa que segue ocupada, na rúa Virxe da Soedade”. “E despois baixaremos pola Calzada das Gándaras ata a igrexa outra vez”, sentenciou.

“Imos seguir solicitando que se cambie a lei, por unha banda, e para que esa xente marche desa casa ocupada, que leva así oito anos”, reivindicou.

Gueimunde asegurou que ante este fenómeno os veciños “están a adoptar medidas extremas, porque a pesar de que se foron (só queda oKupada unha casa de oito) a xente segue tendo medo e a xente está atemorizada porque volva ocorrer e a repetir”. “No barrio se preguntas todos din que estes volven e senón non son estes son outros”, abundou.

O presidente da asociación de veciños apuntou que “vai volver a ocorrer (as ocupacións ilegais) porque é unha zona que se presta a iso e a xente ten medo“. “Hai casos como o dunha familia que acabou tapiando a casa, selando ambas as portas para que non entren”, concluíu.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here