InicioLugo e contornaA Plataforma Feminista de Lugo apoia á xuíza Pilar de Lara, "unha...

A Plataforma Feminista de Lugo apoia á xuíza Pilar de Lara, “unha muller valente”

A Plataforma Feminista de Lugo apoia a concentración de respaldo á xuíza do Pilar de Lara, o vindeiro mércores a partir de 20.00 horas diante dos xulgados, nunha acción promovida pola Plataforma contra a Impunidade da Carioca.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma Feminista de Lugo apoia a concentración de respaldo á xuíza do Pilar de Lara, o vindeiro mércores a partir de 20.00 horas diante dos xulgados, nunha acción promovida pola Plataforma contra a Impunidade da Carioca.

A portavoz, Ana Torrón, cualificou de “valente” á xuíza de Lara que leva macrocausas tan importantes como a Carioca, sobre redes de prostitución, ou a Pokémon contra a corrupción política. Torrón fai un chamamento á “cidadanía de Lugo” para participar “masivamente” na concentración de apoio a quen describe como “unha muller valente que se dignou a defender ás persoas que moita xente considera que son de terceira categoría”.

“Nós entendemos un deber estar aí e apoiala”, xustifica. Para a Plataforma Feminista a sanción de sete meses e un día de emprego e soldo, e perda de destino, que lle impón o Consello Xeral do Poder Xudicial é “desproporcionada”. Neste sentido lamentou que “se a apartan” da Carioca “a ver que xuíz se pode facer cargo diso”, e que “coñecemento vai ter para facerse” con esa causa, que salpica ademais da proxenetas a membros das forzas e corpos de seguridade do Estado.

Torrón sinalou que o que “máis” lle preocupa son as máis de 20 mulleres “absolutamente desprotexidas“, que son “moi vulnerables”, en risco de exclusión social e que “parece que sexan de segunda categoría”.

En canto á sanción, aínda non foi notificada oficialmente, segundo sinalaba o avogado da xuíza, Agustín Azparren, quen lembra que desde que se comunique dispoñen de trinta días para presentar recurso.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo rexeita unha moción do PP para impedir o pagamento da defensa xurídica de Tomé

O pleno da Deputación de Lugo viviu este martes un intenso debate a raíz...

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

As seleccións de Galicia e Catalunya celebrarán dous partidos amigables en Lugo esta fin de semana

O salón de plenos do Concello de Lugo acolleu esta mañá a presentación oficial...