InicioLugo e contornaLugoLuís Villares sobre Pilar de Lara: "Sinto a decisión sobre unha compañeira...

Luís Villares sobre Pilar de Lara: “Sinto a decisión sobre unha compañeira pero non pode haber unha xustiza lenta”

Vincula a sanción á xuíza Pilar de Lara a "torpes decisións" sobre instrucións. Nunha visita a Alcoa en Cervo critica a PP e PSOE e pide unha regulación para o sector.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz de En Marea, o xuíz en excedencia Luís Villares, vinculou a sanción á titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara, a “torpes decisións” en canto ás instrucións.

A comisión disciplinaria do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) impuxo unha sanción de sete meses e un día para a maxistrada, o que implica tamén perda de destino se se confirma, aínda que aínda cabe apelación ante o pleno do consello e, posteriormente, ante o Tribunal Supremo.

Villares mostrou o seu “respecto á decisión” do consello e advertiu de que “hai unha cuestión que a ninguén se lle escapa, que unha xustiza lenta é por definición inxusta“. “E o que se debe de esixir de calquera profesional da administración de xustiza é celeridade”, apuntou.

“Creo que o que está no fondo da resolución é unha insatisfacción por unha xustiza lenta e que a pesar de que, ás veces, é consecuencia de que non existen medios suficientes para traballar con máis axilidade, tamén outras ocasións ten que ver coas torpes decisións que toman cando se realizan instrucións”, obxectou.

O líder de En Marea, e no seu día portavoz de Xuíces para a Democracia en Galicia, incidiu en que “no persoal, non deixa de sentir a decisión sobre unha compañeira”, pero como cidadán mostrouse “satisfeito de que teñamos conciencia colectiva de que non pode haber unha xustiza lenta, que ademais penalice inxustamente cunha pena de banco inesgotable”. “A xente que é acusada durante anos sen poder recibir unha solución dun aparello xudicial, é porque non funciona ben”, subliñou.

ALCOA

Villares visitou este venres a planta de Alcoa en Cervo (Lugo) para reunirse co comité de empresa e reivindicou unha “regulación do sector que deixe de estafar á industria e deixe de estafar como consumidores”. Ademais culpou ao PSOE de que “non se está vinculando suficientemente” para frear o peche das plantas da multinacional americana.

“Tería que garantir (a viabilidade) pondo encima da mesa 180 millóns de euros que era o que estaba previsto en anos anteriores e nunca se chegou a executar por culpa do PP, pero co PSOE tampouco se está executando e rebaixouse a cantidade nos orzamentos de 2019”, lamentou.

En canto á candidatura de En Marea Lugo ás xerais, que encabeza a portavoz de Lugonovo no concello, Cristina Pérez Herráiz, e ten como número dous a Javier Arca traballador de Alcoa, sinalou a intención de levar “cuestións de carácter social como a creación dun cuarto xulgado do social negado tanto polo PP como polo PSOE” á cidade.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

O PP de Lugo reclama “menos impostos e máis apoio para quen traballan” ante unha caída “xeneralizada de autónomos”

Os senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...