InicioLugo e contornaLugoMilleiros de persoas colapsan Lugo reclamando unha “revolución feminina”

Milleiros de persoas colapsan Lugo reclamando unha “revolución feminina”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O movemento femininista e a unión polos dereitos das mulleres segue estando máis vivo que nunca, especialmente, tras sentenzas xudiciais como as de La Manada, ou a irrupción de formacións políticas coma Vox que claman contra os dereitos e a igualdade da muller. Por iso, milleiros de persoas –mulleres, homes e crianzas– saíron este domingo ás rúas de Lugo para pedir unha igualdade que, sobre o papel, aínda non se dá.

A manifestación unitaria convocada pola plataforma Galegas 8M retoma o obxectivo de realizar convocatorias itinerantes cunha protesta que reivindica “unha revolta feminista“. Tras a convocatoria do pasado ano en Vigo e da Folga de Mulleres do 8 de marzo, a de Lugo está sendo outro éxito na convocatoria e na participación.

Lara Méndez e outras dirixentes socialistas na manifestación feminista de Lugo / #8M

Polo menos 20 autobuses foron fretados pola organización trasladaron desde distintas localidades para celebrar o Día Internacional da Muller. A marcha patiu ás 12,00 horas do edificio administrativo da Xunta, na Rolda da Muralla. Desde alí, percorreron as rúas Montevideo, Bolaño Ribadeneira, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, rúa do Teatro, ata chegar á Praza Horta do Seminario. Precisamente, nesta praza María Gueimonde e María Osorio len un manifesto que dará paso ás actuacións do grupo caboverdiano afincado en Burela Batuka Tabanka.

BLOQUES

A manifestación comezou cun primeiro grupo composto só por mulleres de distintas entidades e asociacións. E, detrás dela outro “bloque” con homes e mulleres e onde se viron a destacados dirixentes políticos de PSdeG, En Marea, BNG e mesmo Ciudadanos.

O lema da cabeceura é “Por todas as mulleres, por todos os dereitos, revolta feminista’” que subscriben ata 50 organizacións incorporadas a Galegas8M.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...