InicioSociedadeDous gardas civís indemnizarán ás maxistradas De Lara e San José

Dous gardas civís indemnizarán ás maxistradas De Lara e San José

Un axente da Garda Civil e un antigo membro do corpo foron condenados por inxurias contra as xuízas Pilar de Lara e Estela San José

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado do Penal Número 1 de Lugo condenou a un garda civil e un antigo axente da benemérita por inxurias contra as maxistradas Pilar de Lara e Estela San José. Foron multados e deberán indemnizar ás autoridades xudiciais, das que responderá solidariamente a Asociación Unificada de Gardas Civís, segundo indica a sentenza.

A condena prodúcese como consecuencia das intervencións dos membros da Garda Civil nun foro vencellado á asociación profesional do corpo. Un deles pagará 5.400 euros por dous delitos de inxurias –un deles continuado– á autoridade xudicial con publicidade, e deberá indemnizar ás afectadas con 3.000 e 1.500 euros respectivamente. O outro acusado deberá aboar 2.400 euros por outro delito de inxurias, e pagará á prexudicada 1.500 euros.

O avogado de Pilar de Lara, Gerardo Pardo de Vera, asegura que a súa representada “tivo que cambiar de hábitos e costumes” por mor das ameazas dun dos acusados, polo que apreciaba a existencia dun delito de coacción. Finalmente impúxose o criterio da Fiscalía, que consideraba que os comentarios merecían sanción económica. O axente en cuestión foi suspendido 15 meses por maquinar contra a titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...