InicioSociedadeDe Lara tivo que mudar os seus hábitos polas ameazas do garda...

De Lara tivo que mudar os seus hábitos polas ameazas do garda civil

Así o afirmou o avogado da maxistrada na apertura de xuízo contra o garda civil acusado de coacción, que xa fora sancionado por alterar un atestado contra de Pilar De Lara

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axencias – Redacción | Este martes comezaron dous xuízos paralelos contra un axente da Garda Civil e un antigo membro do corpo por inxurias contra as maxistradas Pilar de Lara e Estela San José. Ámbolos acusados dirixiron ameazas contra elas no foro vencellado a unha asociación profesional do corpo.

Tanto De Lara coma San José compareceron en calidade de testemuñas. O representante legal da primeira entende que existe un delito de coacción, polo que solicita dous anos de cadea para o garda civil investigado. A Fiscalía rebaixa esta pretensión e considera que os comentarios merecen unha multa económica.

O avogado de Pilar de Lara, Gerardo Pardo de Vera, asegura que a súa representada “tivo que cambiar de hábitos e costumes” por mor das ameazas do acusado. O letrado explicou que o axente “xa fora sancionado en firme por un expediente disciplinario, aberto por alterar un atestado en contra da xuíza”.

Así, precisou que De Lara tivo que afrontar “un ataque insoportable á liberdade da persoa” debido aos comentarios do garda civil, que no mesmo foro menosprezou a vítimas da trata e a explotación sexual. Ademais do prexuízo sobre a vida persoal, Pardo de Vera precisou que o acoso por parte do axente supón “un ataque á independencia xudicial”, debido a que De Lara ostenta a titularidade do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, encargado de macrocausas coma a Operación Pokemon, O Garañón ou o caso Carioca, no que hai varios representantes das forzas da orde encausados.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...