Home Lugo e contorna Lugo Unha unidade de endometriose no HULA podería paliar as listas de espera

Unha unidade de endometriose no HULA podería paliar as listas de espera

0
Unha unidade de endometriose no HULA podería paliar as listas de espera
Representación de querEndo, mulleres con endometriose, na manifestación pola sanidade pública en Santiago de Compostela | querEndo

A asociación querEndo volve a solicitar unidades específicas de endometriose no Hospital Universitario Lucus Augusti, nun contexto de desbordamento dos servizos de Xinecoloxía en toda Galicia. O centro lucense e o compostelán son os únicos que seguen a carecer de consultas específicas para as mulleres con esta doenza, que deben compartir sistema coas que carecen de patoloxías, redundando en aumentos nas listas de espera.

Dende o colectivo sinalan que as mulleres que sofren endometriose –aproximadamente, unha de cada dez– “vense abocadas a compartir os mesmos tempos de espera” con aquelas que realizan consultas de control, empregando o mesmo circuíto e recibindo atención dos mesmos profesionais. Por iso, en querEndo esixen unha unidade multidisciplinar en Galicia para tratar esta doenza, consultas específicas no HULA, e un plan de choque en Xinecoloxía para acurtar as listas de espera, que derivan en peores seguimentos e prognósticos.

A endometriose, a descoñecida que afecta a unha de cada dez mulleres

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here